jueves, 19 de junio de 2025

Agasallos do club de lectura

 Durante o terceiro trimestre os membros dos dous clubs de lectura, estiveron a coser o seu agasallo de fin de curso que foi unha funda personalizada para gardar os seus libros.

Deixámosvos a continuación unha pequena mostra:


 

viernes, 13 de junio de 2025

Que cabe nun calcetín?: Reunión


 Hoxe foi a última reunion do club do lectura e xirou ao redor da obra de teatro que estamos a ler.

A obra gustoulles a todos moito, a pesar de ser un xenero ao que non estan afeitos,

Entre todos buscamos o que pode caber nun calcetín, e chegamos a CONCLUSIÓN de que colle todo o que poidamos imaxinar.

E esto é o que queríamos conseguir que o seu maxin voase libremente e fosen creativos:

Un calcetín pode ser un espazo para gardar tanto cousas que se poden tocar  como ideas e emocións...

E coa ultima merenda do curso fixemos un balance das lecturas feitas e valorar a súa participación no club de lectura ao longo do curso. 

Tamén tocou despedir aos compañeiros de 6º que este ano marchan ao instituto e desexámoslles boas lecturas o curso próximo. 


 

viernes, 6 de junio de 2025

Que cabe nun calcetín: Coñecendo a autora

 Hoxe reunímonos na biblioteca para coñecer a autora do libro que estamos a ler: Paula Carballeira


 

 Tamén nos fomos familiarizando cos diferentes personaxes da obra. 

E como non repartimos personaxes e dramatizamos as primeiras escenas da obra.


 

viernes, 30 de mayo de 2025

Que cabe nun calcetín?

 Non podíamos rematar o curso sen ler teatro, e logo de pensar moito en que obra por, decidimonos por esta da autora homenaxeada este ano nos clubs de lectura: Que cabe nun calcetín?


 
Esta ultima lectura é conxunta para os dous clubs de lectura. Así que xuntos leremos  esta obra de teatro.

 

viernes, 23 de mayo de 2025

Varetai Protectora de Espíritos: Reunión

 



Hoxe reunimonos para falar do libro "Varetai Protectora de Espíritos". Desta conversa saíron ideas moi interesantes: 

-A loita do ben contra o mal.

-Loitar xuntos para vencer o mal.

-A importancia de coidar o medio que nos rodea.

Aproveitamos para compartir unha pequena merenda e para facer un PASAPALABRA para refrescar fragmentos e ideas do libro.


 

martes, 20 de mayo de 2025

Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta: Reunión

 

Hoxe reunimonos analizar o libro, uscando entre todos os  temas que se tratan. Para eles un dos temas principais era a Familia e a Amizade.

Tamén reflexionamos e analizamos diferentes frases que sacamos do libro.

Durante a merenda que acompañou a reunión fixemos un PASAPALABRA para refrescar fragmentos e feitos do libro.

 


viernes, 9 de mayo de 2025

Varetai Protectora de Espíritos: Coñecendo a autora

 Hoxe acercamonos un pouco a obra de Alba de Evan a autora de Varetai Protectora de Espíritos.


Tamén lles ensinamos os distintos libros cos que contamos na biblioteca desta autora, e empezamos a mergullarnos nos capítulos do libro que tiñamos marcados para esta reunión.


 

viernes, 25 de abril de 2025

Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta: Coñecendo a autora

 Hoxe reunimonos para presentarlles a autora deste libro: Ledicia Costas


 
Escollemos a esta autora pola:

-Súa orixinalidade a hora de escribir.

-Crea historias que conectarn co alumnado máis xoven.

-Enlaza de maneira excepcional o real e o fantástico.

-E sobre todo por ser unha gran autora galega, que conseguiu varios premios coas súas obras entre elas a que estamos a ler.

Durante a reunión tamén lemos en voz alta algúns dos capítulos que tiñamos para hoxe. 

viernes, 11 de abril de 2025

Varetai Protectora de Espíritos

Nova lectura: Varetai Protectora de Espíritos, para  o Club de Lectura 2


 
Unha vez entregados os libros, quedamos cos nenos e nenas para a seguinte reunión, onde coñeceran un pouco máis a autora do libro. 

viernes, 4 de abril de 2025

Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta

 Nova lectura no Club de Lectura 1: Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta. 

Hoxe quedamos na biblioteca para repartir os libros e o diario de lectura.


 

Este libro combina aventura, misterio, elementos fantásticos e a súa historia transcurre na cidade de Vigo. Con el queremos acercalos a figura de Jules Verne e a súa obra.

Visionamos o seguinte booktrailer

viernes, 28 de marzo de 2025

Contadas de Poesía

 A biblioteca propuxo a seguinte actividade para celebrar o Día da Poesía:

E o club de lectura uniuse a actividade.

Para agasallar aos nenos aos que iamos ler poesía diseñamos na impresora 3D unha pluma  como simbolo deste día.


 



viernes, 21 de marzo de 2025

Os soños na gaiola: coñecendo ao autor

 Hoxe para conmemorar o Día da Poesía reunímonos para coñecer ao autor de "Os soños na gaiola", Manuel María, e xuntos ler poesía.

Escollemos este libro e este autor por varios motivos:

-Trátase dunha poesía accesible para o alumnado.

-E este autor é unha figura importantena historia de Galicia sendo un referente da cultura galega e da defensa do noso idioma. 


Fixemos un recital de poesía ente nós e escolleu cada un a poesía que ía ler nas contadas de poesía que se van a levar a cabo na semana próxima e nas que van a participar os membros do club.


 

viernes, 14 de marzo de 2025

Os soños na gaiola

 Nova lectura para ámbolos dous clubs de lectura en torno ao Día da Poesía: Os soños na Gaiola de Manuel María

Quedamos con todos os membros dos CLubs e entregamoslles o libro e o diario de lectura. 


 

 

 

viernes, 7 de marzo de 2025

A predicción de Aloia e Irene a Porteira: Reunión

 

Hoxe volvémonos a xuntar os dous clubs para analizar e comentar os libros que lemos e conmemorar xuntos o Día da Muller.

Falamos entre tod@s das ideas que nos aportan estes dous libros:

-Da importancia de escoller o noso propio destino independientemente de ser home ou muller.

-Ser muller ou home nunca debe ser un impedimento para ser o que queiramos ser.

-Lembramos os logros acadados polas mulleres , buscando a iguladade de dereitos, oportunidades e libertades. 

Como actividade complementaria ao cometario de ambos libros  xogamos a un xogo de mesa: We can play.

Un xogo de cartas co que coñecimos historias de mulleres que cambiaron o mundo. Coas cartas que nos ian tocando tiñamos que formar unha linea temporal  con grandes personaxes femeninos.

Tamen aproveitamos para poñer en marcha o obradoiro deste mes da biblio: Decorar o chaveiro co simbolo feminista feito na impresora 3D.


 

viernes, 28 de febrero de 2025

Coñecendo aos autores de Irene a Porteira e A predicción de Aloia

 Hoxe tivemos unha reunión conxunta para coñecer aos autores do libro que estan a ler os participantes dos clubs  de lectura deste ano.

Por unha banda coñecemos a Xulia Pison e Óscar Losada e tamén a David Lorenzo.


 

A predición de Aloia

 Hoxe reunimonos para entregarlles aos membros do Club de Lectura 1 a súa proxima lectura.

Esta vez será en formato cómic e relacionada co Día da Muller que celebraremos proximamente: "A predicción de Aloia" de David Lorenzo. Tratase dun personaxe feminino que decide o seu destino

 



 

viernes, 21 de febrero de 2025

Animais Fantásticos de aldea: Reunión

 

Hoxe reunimonos para analizar e comentar o libro de Andrea García "Animais Fantásticos".

Comezamos plantexándolles e preguntandolles sobre os temas que eles crían que se trataban neste libro. Para eles no libro falase sobre todo do respeto aos animais, pois non só nos serven como alimento.

Pero analizando o libro tamén xurdiu a idea de que a colaboración entre os nenos fixo que se resolvera o misterio, polo que falamos da idea de que traballando xuntos e en equipo podemos resolver os problemas que nos xurdan. 

Durante a merenda propuxemoslles que elaborasen un menú vexetariano para unha festa gastronómica.


 E xuntos elaboramos un cuestinario literario para facerlle a autora o día que nos visitase no colexio.


 

 

martes, 18 de febrero de 2025

Irene a Porteira

 Xoxe xuntamonos na bibloteca para presentar a terceira lectura do CLub de lectura 2, entregar os libros e o diario de lectura.

Nesta ocasión imos ler un libro en formato cómic que tivo moito éxito no ano anterior no club de lectura: Irene a Porteira de Xulia Pisón e Óscar Losada.


 

viernes, 14 de febrero de 2025

O que nunca che contaron: Reunión

 

Hoxe xuntamonos para analizar e comentar o libro que estivemos a ler durante estos días no Club de Lectura 2.

Preguntámoslle  cal das historias lle gustaran máis e a maioría coicidiu no "Mécanico das estrelas", e como frase que máis lles impactou foi a de "non estades sos" .

Durante a merenda que compartimos fixemos un quizz aproveitando que son alumnos e-dixgal e dispoñen de ordenadores. 


 

viernes, 7 de febrero de 2025

Animais Fantásticos: Coñecendo a autora

 Na reunión de hoxe acercamonos a autora do libro que estamos a ler: Andrea García.


 
E lemos en voz alta e comentamos algun dos capítulos que tiñamos marcados para hoxe.

viernes, 31 de enero de 2025

O que nunca che contaron: Maria Canosa

 Hoxe acercamos aos nosos lectores a autora do libro que estan a ler: Maria Canosa.

Para todos era unha autora coñecida, porque o curso pasado xa tiveran o placer de coñecela por o libro de "Rubicundo"


 
Como esta reunión coincide co Dia da Ilustración, pedimoslle ao noso alumnado que unha vez rematado o libro ilustraran algún dos capítulos do libro que máis lle gustasen.


 

viernes, 24 de enero de 2025

Animais Fantásticos

Esta vai ser a próxima lectura do Club de Lectura 1. Aproveitamos a reunión de hoxe para repartir os libros e entregar o diario de lectura.