martes, 26 de enero de 2016

1ª XUNTANZA CLUB LECTURA CON MATILDA

 Este venres 22 , reuníronse os membros do club de lectura con obxecto de comentar o último libro proposto: "Matilda" de Roald dahl.
Como de costume a reunión foi moi gratificante. Analizamos o libro, os seus personaxes, a
historia, etc., e por suposto, xurdiron moitos outros temas. Todos os membros participaron  moi activamente na reunión e aportaron opinións sobre Matilda moi interesantes, o que mais lles gustou foi como logra solucionar os seus problemas con enxeño e con moito sentido do humor. Despois de ler esta novela, todos, pensamos que sería estupendo parecernos a Matilda ou polo menos ser os seus amigos.
 

 
Xa estamos a desexar ler o seguinte libro!!!