lunes, 30 de enero de 2017

1ª XUNTANZA. ROALD DAHL

Non era a primeira vez que no noso Club entra Roald Dahl, xa leramos historias del, e con moito éxito......
Supoñemos que este libro tiña que ser moi especial para Roald Dahl, dedicoullo á súa filla Olivia, falecida en 1962, á idade de 7 anos.
Á maioría de nós encantounos, a algún d@s rapaz@s o que lle fixo moita graza foi como Bonachón bebia "gasipum" e tirábase "pedorretas" que lle facían saltar, a outros lles gustaron as conversacións entre o Xigante e Sofía, tamén houbo a quen lle chamou a atención o curioso vocabulário do Xigante, ou as descricións das escenas, pero todos concluíron en que resultaba unha lectura sinxela , alegre, entretida e moi, moi divertida.
 



 
 
Cal será a nosa próxima historia...!!!
 

lunes, 16 de enero de 2017

1ª CITA DO CURSO 2016-2117. IMOS LER A ROALD DAHL

Xa chegou o momento...!!!
Estabamos a desexalo...!!!
Pronto nos reuniremos para comentar un libro super chulo de Roald Dahl, "O Gran Xigante Bonachón"
Roald Dahl estivo de aniversarios o pasado 13 de setembro.


Pasade por a biblio, hai un montón de libros de Roald Dalh moi interesantes...



- Podes saber máis cousas sobre él aquí, na nosa entrada do 13 de setembro, LEMBRAMOS A ROALD DAHL POLO SEU CENTERARIO.

lunes, 9 de enero de 2017

COMEZAMOS O NOSO CLUB DE LECTURA...


Queremos animarvos a pertencer ao noso Club de Lectura, é moi sinxelo, vir ata a biblio e preguntar... 
Éstes clubs son unha estupenda maneira de incitar e promover a lectura . Desta forma entrase en contacto coa literatura dunha forma máis distendida, coñecense autores e xéneros novos , desenvolvedes un espírito crítico, ademais de cultivar a imaxinación, socializar, falar en público, perfeccionar a expresión oral e escrita, ampliar vocabulario...e decir compartir nun espazo lecturas, liberdades, respecto, análise e logra promover o amor polos libros.
 
Todo isto acompañado dunhas riquísimas galletas que adoitamos ter.....
 
Ánimo esperámosvos!!!