lunes, 30 de enero de 2017

1ª XUNTANZA. ROALD DAHL

Non era a primeira vez que no noso Club entra Roald Dahl, xa leramos historias del, e con moito éxito......
Supoñemos que este libro tiña que ser moi especial para Roald Dahl, dedicoullo á súa filla Olivia, falecida en 1962, á idade de 7 anos.
Á maioría de nós encantounos, a algún d@s rapaz@s o que lle fixo moita graza foi como Bonachón bebia "gasipum" e tirábase "pedorretas" que lle facían saltar, a outros lles gustaron as conversacións entre o Xigante e Sofía, tamén houbo a quen lle chamou a atención o curioso vocabulário do Xigante, ou as descricións das escenas, pero todos concluíron en que resultaba unha lectura sinxela , alegre, entretida e moi, moi divertida.
 



 
 
Cal será a nosa próxima historia...!!!
 

No hay comentarios:

Publicar un comentario