viernes, 16 de junio de 2017

DERRADEIRA XUNTANZA DO CURSO. "LA EVOLUCIÓN DE CALPURNIA TATE"

Que fermosa novela...!
Lémola a modiño e fixandonos moito en cada detalle. Resultounos fácil de ler, xa que, a historia cóntanola Calpurnia e ten once anos.
O que máis nos chamou a atención é a forma en que o avó, cando Calpurnia formúlalle unha pregunta, non lle contesta directamente, se non que fai que ela através da observación e a dedución atope a
solución.
Outra das mellores características do libro son os toques de humor, por exemplo cando proban por primeira vez a Coca-Cola.


É perfecto para poñer punto final ao noso Club de lectura por este curso, este precioso libro, que como nós, destila amor polos libros.

Durante o verán seguiremos con inmensas ganas de ler...