viernes, 28 de abril de 2023

ENCONTRO CON ANTÍA YAÑEZ

 


Tivemos a sorte de contar para o club de lectura con Antía Yañez que nos veu falar do nos primeiro libro do club de lectura deste ano "Plan de rescate"

Resolveunos dubidas sobre as personaxes do libro e a historia, pasamos un rato moi agradable coa súa charla.

O cartel que  adornaba a biblioteca fixémolo a partir das reseñas e da charla que xurdiu na reunión do club de lectura



jueves, 27 de abril de 2023

REUNIÓN EXTRAORDINARIA DO CLUB DE LECTURA

Como estamos na semana do libro fixamos unha reunión extraordinaria do Club de Lectura

A actividade consistía en preguntarlles ós  seus pais que libros eran os seus preferidos, e falar do libro que estaban a ler nese momento. fixemos un pequeno vídeo onde recollimos os seus comentarios.

viernes, 14 de abril de 2023

CONVOCATORIA TERCEIRA REUNÍON DO CLUB DE LECTURA

 Esta será a nosa próxima lectura do club de lectura



Actividade sobre a Señorita Buble

 Propuxemoslles aos integrantes do club de lectura que reparasen na portada do libro, feita por Andrés Meixide.

E preguntámoslles se serían capaces de reproducila.


 Tamén decidimos o libro que íamos ler na seguinte reunión