viernes, 1 de diciembre de 2017

XUNTANZA INFORMATIVA

Xa fixemos a reunión informativa para os integrantes do noso Club de Lectura. Os mozos e mozas do terceiro ciclo que xa formaban parte, animaron ás nova incorporaciones  e contáronlle como as opinións dos membros do grupo enriquecen moito a impresión inicial que cada un saca lendo en solitario, e como os comentarios doutros lectores iluminan extraordinariamente a lectura dos demais, e ademáis, o apoio do grupo é tamén moi positivo no caso dos libros máis complicados ou extensos, que retraen ou asustan a moitos lectores. Todo se desenvolveu dentro dun ambiente moi animado.
A convocatoria foi un éxito absoluto!!!