viernes, 16 de diciembre de 2022

¿Queres formar parte do noso Club de Lectura?


 

Hoxe lanzamos a convocatoria do Club de lectura para animarvos a participar en él. 

 

¿QUE É UN CLUB DE LECTURA?

Un club de lectura é un grupo de persoas que len aos mesmo tempo o mesmo libro pero cada un por separado e logo reúnense para compartir a experiencia da lectura. Un libro ó redor do cal dialogar, falar, coñecer os punto de vista de outros lectores e participar en actividades relacionadas coa lectura.

¿Como me fago do Club de Lectura?

Ven a reunión que terá lugar o 13 de xaneiro na biblioteca, onde falaremos de en que vai a consistir as reunións do club de lectura e che daremos a ficha de inscripción que deberas entregar no recreo da biblioteca na semana  do 16-20 de xaneiro.

 

ANÍMATE E PARTICIPA

jueves, 1 de diciembre de 2022

PREPARANDO O NOSO CLUB DE LECTURA



No novo curso escolar 2022-2023, o noso Club de Lectura, comeza de novo a súa andaina, despois de tres cursos sen funcionar por mor da pandememia, asumindo o reto de  conservar e ampliar o número de asistentes ao Club.
Prometémosvos sesións estupendas e animámosvos a vir e participar dunhas interesantísimas lecturas.
A participación está aberta a todos e todas, e para pertencer ao Club, non é necesario ser un gran lect@r, nin un entendid@ en literatura, simplemente gozar lendo e achegarse á nosa biblioteca para compartir esta afección.
Cando teñamos todo preparado, informarémosvos como podedes pertencer ao Club .

Ata pronto...!!!