viernes, 28 de abril de 2017

3ª XUNTANZA. ROBERTO SANTIAGO "OS PORTECTORES"

A  terceira cita no noso Club de Lectura foi da man de Roberto Santiago con "Os Protectores". Moitos de nós xa coñecemos a Roberto Santiago por "Os futbolísimos".
Todos coincidimos en que nos gustou moitísimo e resultounos fácil de ler. A cada un de nós, enganchounos por algo distinto...pola acción, polo humor, pola fantasía, pola intriga...
Todo isto unido a un importante tema de actualidade sobre o que debatemos: o acoso escolar.
A charla foi moi entretida e interesante. ( Algo tamén contribuíu uns riquísimos doces cos que acompañamos a charla....!!!)

 


Gustaranos o próximo libro tanto como este....????