viernes, 25 de octubre de 2019

PRIMEIRA REUNIÓN DO CLUB DE LECTURA, CURSO 2019-2020



Aínda que non  deu tempo a tod@s, de acabar de ler este  interesantísimo libro... "A Lección de  Augus"  pareceunos unha historia chea de inocencia, esperanza e cunha linguaxe sinxela, a algún dos membros do Club pareceulles moi interesante ver puntos de vista distintos, o seu punto de vista preferido é o de Via, quere moito ao seu irmán  e sempre está disposta a loitar por protexelo.

Tamén lles gustou como  Auggie é consciente do seu aspecto, da súa enfermidade e das limitacións que poden supoñerlle, pero non deixa de facer o que lle gusta: xogar fóra, ir tomar un xeado…

Á maioría dos nen@s a historia pareceulles unha historia agridoce, que fala do   bullying, os prexuízos… non só dos nenos, hai pais que fan máis dano  que os seus propios fillos. Opinaron que  os nenos nenas tenden a copiar o que ven en casa, e os adultos teñen que ser un exemplo para os máis pequenos. Pero o profesorado e a dirección do instituto apóiano de forma incrible e  tentar favorecer a integración de  August.

En resumo, o importante é quen é  August, e iso non o define o seu aspecto. É algo que non debemos esquecer nunca: a nosa forma de vestir , se somos mozos ou mozas, a nosa raza, se nos gustan os mozos ou as mozas, o noso aspecto… iso non importa, senón o noso corazón e as nosas accións. Mentres o lembremos, viviremos nun mundo máis xusto e mellor.