domingo, 11 de febrero de 2018

1ª XUNTANZA "EL PEQUEÑO NICOLÁS"

Gozamos moito con este libro, @s rapac@s lles pareceu moi divertido. O que mais lles gustou foi o personaxe principal, Nicolás, un pícaro ao que lle é fácil facer amigos, todo o que quere inténtao facer. As suas travesuras xeniais, pero algunhas veces pareceulles un pouco maleducado.
Os momentos que máis lle gustaron foron..., cando lle deron as notas, cando se vai da casa, cando coñecer ao Caldo, a veciña tamen  lles pareceu un personaxe moi divertido, e moitos momentos máis.
Unha reunión moi entretida onde desfrutamos de estar todos xuntos e charlar sobre El Pequeño Nicolás.

viernes, 9 de febrero de 2018

1ª CITA "EL PEQUEÑO NICOLÁS", RENÉ GOSCINNY

Este será o noso primeiro libro. Que ganas tiñamos de empezar!!!Seguro de que vos vai a gustar moiiitiiisimo.

É o primeiro libro dunha longa serie que ten sempre a Nicolás como protagonista.

Os libros do pequeno Nicolás mostran o mundo desde a perspecitva dos nenos.
Narrados en primeira persoa por Nicolás, un neno de 7-8 anos proveniente dunha familia francesa de clase media dos anos 50, estes libros, que son un total de cinco, foron publicados entre 1969 e 1964 e foron escritos por René Goscinny, creador de personaxes como Astérix, Obélix e Lucky Luke.
Nicolás é un neno que intenta ser obediente coa mestra e os seus pais, pero ás veces as cousas complícanse  debido a travesuras que fai cos seus amigos do colexio Godofredo, Eudes, Alcestes, Rufo, Clotario e Agnan. Aínda que se lle dá mal a caligrafía e a aritmética, é o máis pequeno da súa clase e tende a ser travieso, isto non impide que lle movan valores como a amizade, o amor aos seus pais e un curioso sentido da xustiza