viernes, 6 de mayo de 2016

viernes, 22 de abril de 2016

3ª XUNTANZA NO DÍA DO LIBRO.

A reunión deste último club de lectura, fixémola o 22 de abril, e que mellor celebración para o Día do Libro que reunirnos nun lugar moi especial para todos nós...? o lugar foi a pequena biblioteca do edificio da praza de abastos, aquí, moi cerquita do cole, na rúa das Caldas, algúns de nós aínda non a visitáramos. Foi xenial!!!
Pero as sorpresas continuaban, ademais de Érica Esmorís, viña o seu compañeiro que,
durante todo o encontró, acompañou a Érica coa guitarra. A escritora,  contounos unha chea de cousas interesantes de "Nena e o mar" Todo resultou un éxito!!!

miércoles, 20 de abril de 2016

3ª CONVOCATORIA. "NENA E O MAR" DE ÉRICA ESMORÍS


- Aquí si queres información sobre "Nena e o mar" de Érica Esmorís, premio Merlín 2015.  PICA 
- Visita que nos fixo Érica o 31 de marzo. AQUÍ

viernes, 1 de abril de 2016

2ª XUNTANZA CLUB LECTURA CON "EL HOBBIT"

Este venres dia 1, á hora do recreo, reunímonos no noso club de lectura.
Esta vez, atrasámonos un pouco...! Pero xa estamos xuntos!
A todos nos gustou moito ler "El Hobbit" de Tolkien, pareceunos moi interesante.
Para algúns de nós é un dos libros de aventuras máis intrigantes que  lemos, temos que lembrar que ten case un século e séguenos asombrando.
O máis dificil? ...estar atentos, e non perdenos,  nas descricións.
O máis divertido? ...as discusións entre os Trolls.
O máis terrorífico? ... o xogo de adiviñas de Golum.
O mellor?... A mensaxe que nos deixa a novela de tolerancia.


Que ben o pasamos!!!

martes, 26 de enero de 2016

1ª XUNTANZA CLUB LECTURA CON MATILDA

 Este venres 22 , reuníronse os membros do club de lectura con obxecto de comentar o último libro proposto: "Matilda" de Roald dahl.
Como de costume a reunión foi moi gratificante. Analizamos o libro, os seus personaxes, a
historia, etc., e por suposto, xurdiron moitos outros temas. Todos os membros participaron  moi activamente na reunión e aportaron opinións sobre Matilda moi interesantes, o que mais lles gustou foi como logra solucionar os seus problemas con enxeño e con moito sentido do humor. Despois de ler esta novela, todos, pensamos que sería estupendo parecernos a Matilda ou polo menos ser os seus amigos.
 

 
Xa estamos a desexar ler o seguinte libro!!!