viernes, 22 de mayo de 2015

5ª XUNTANZA CLUB DE LECTURA.


Hoxe venres, tivemos unha cita na biblioteca co noso club de lectura, ao redor do libro de Agustín Fernández Paz, "Lúa do Senegal".
A verdade, non foi un dos mais numerosos, quizais polo estupendo día que invitaba a ir ao patio, pero si foi un dos relatos mais bonitos .
A narración é exquisita e atrápate, facéndote gozar en cada frase. Ademais, vén acompañado dunhas marabillosas ilustracións.
Creemos que é un libro marabilloso para aprender a ser máis tolerantes e solidarios con nenos e nenas que sexan distintos a nós. Temos que ser conscientes do que outras persoas sufren.
O mellor: A dozura da protagonista.
O peor: Ao principio parece algo lento, pero deseguida cativa.

Gustaríanos rematar cunha frase da nena :
"Talvez, o único país que importe de verdade é o que acabamos construíndo coas persoas que queremos".

miércoles, 6 de mayo de 2015

5ª CITA, "LÚA DO SENEGAL".


"Agustín Fernández Paz (Vilalba, 1947) é un dos escritores máis coñecidos e valorados no ámbito da literatura infantil e xuvenil, en Galicia e no resto de España. É autor de máis de corenta e cinco títulos dirixidos preferentemente a lectores infantís ou xuvenís. Os seus libros, escritos en galego, tradúcense habitualmente ás outras linguas españolas: castelán, catalán e éuscaro. Tamén se traduciron diversos títulos ao coreano, portugués, francés, árabe e italiano. En breve aparecerán traducións ao inglés, bulgaro e chinés."

Paréceche poco...!!!
anímate!!!


Queres saber mais sobre Agustín Fernández Paz...? Pica Aquí