viernes, 1 de diciembre de 2017

XUNTANZA INFORMATIVA

Xa fixemos a reunión informativa para os integrantes do noso Club de Lectura. Os mozos e mozas do terceiro ciclo que xa formaban parte, animaron ás nova incorporaciones  e contáronlle como as opinións dos membros do grupo enriquecen moito a impresión inicial que cada un saca lendo en solitario, e como os comentarios doutros lectores iluminan extraordinariamente a lectura dos demais, e ademáis, o apoio do grupo é tamén moi positivo no caso dos libros máis complicados ou extensos, que retraen ou asustan a moitos lectores. Todo se desenvolveu dentro dun ambiente moi animado.
A convocatoria foi un éxito absoluto!!!

viernes, 16 de junio de 2017

DERRADEIRA XUNTANZA DO CURSO. "LA EVOLUCIÓN DE CALPURNIA TATE"

Que fermosa novela...!
Lémola a modiño e fixandonos moito en cada detalle. Resultounos fácil de ler, xa que, a historia cóntanola Calpurnia e ten once anos.
O que máis nos chamou a atención é a forma en que o avó, cando Calpurnia formúlalle unha pregunta, non lle contesta directamente, se non que fai que ela através da observación e a dedución atope a
solución.
Outra das mellores características do libro son os toques de humor, por exemplo cando proban por primeira vez a Coca-Cola.


É perfecto para poñer punto final ao noso Club de lectura por este curso, este precioso libro, que como nós, destila amor polos libros.

Durante o verán seguiremos con inmensas ganas de ler...

viernes, 28 de abril de 2017

3ª XUNTANZA. ROBERTO SANTIAGO "OS PORTECTORES"

A  terceira cita no noso Club de Lectura foi da man de Roberto Santiago con "Os Protectores". Moitos de nós xa coñecemos a Roberto Santiago por "Os futbolísimos".
Todos coincidimos en que nos gustou moitísimo e resultounos fácil de ler. A cada un de nós, enganchounos por algo distinto...pola acción, polo humor, pola fantasía, pola intriga...
Todo isto unido a un importante tema de actualidade sobre o que debatemos: o acoso escolar.
A charla foi moi entretida e interesante. ( Algo tamén contribuíu uns riquísimos doces cos que acompañamos a charla....!!!)

 


Gustaranos o próximo libro tanto como este....????

lunes, 13 de marzo de 2017

2ª XUNTANZA. "LA PIRÁMIDE ROJA"

Para moitos "La Pirámide Roja", de  Rick Riordan, é considerada o comezo dunha das mellores sagas de fantasía e aventura dos últimos anos.
Para nós resultou unha novela un pouco densa e para moitos dificil de acabar de ler. Como sempre a cada un chamáronnos a atención cosas distintas do libro como son, o humor ou a cantidade de acción ao longo de toda a historia. O que nos gustou a todos é que os lectores e os protagonistas iamos formulando hipóteses do que estaba ocorrendo, ata o final no que todo encaixa.
Poida que algún nos animemos a ler os seguintes da trilogía, o que si nos parece é recomendable aos lectores que lles gusten as historias de fantasía e aventura.


 
Estamos a desexar  coñecer a próxima historia...
 
 
 

viernes, 3 de febrero de 2017

2ª CONVOCATORIA "LA PIRÁMIDE ROJA". RICK RIORDAN

A Pirámide Vermella é o inicio dunha triloxía de aventuras chea de mitoloxía que achega frescura e orixinalidade ás tramas desta clase. Cuns personaxes que se fan querer, unha historia de Exipto fantástica e unha ambientación incrible, este libro ten todos os ingredientes que te chaman e non te soltan ata que termines de ler a última frase.
Vémonos!!!
 

lunes, 30 de enero de 2017

1ª XUNTANZA. ROALD DAHL

Non era a primeira vez que no noso Club entra Roald Dahl, xa leramos historias del, e con moito éxito......
Supoñemos que este libro tiña que ser moi especial para Roald Dahl, dedicoullo á súa filla Olivia, falecida en 1962, á idade de 7 anos.
Á maioría de nós encantounos, a algún d@s rapaz@s o que lle fixo moita graza foi como Bonachón bebia "gasipum" e tirábase "pedorretas" que lle facían saltar, a outros lles gustaron as conversacións entre o Xigante e Sofía, tamén houbo a quen lle chamou a atención o curioso vocabulário do Xigante, ou as descricións das escenas, pero todos concluíron en que resultaba unha lectura sinxela , alegre, entretida e moi, moi divertida.
 



 
 
Cal será a nosa próxima historia...!!!
 

lunes, 16 de enero de 2017

1ª CITA DO CURSO 2016-2117. IMOS LER A ROALD DAHL

Xa chegou o momento...!!!
Estabamos a desexalo...!!!
Pronto nos reuniremos para comentar un libro super chulo de Roald Dahl, "O Gran Xigante Bonachón"
Roald Dahl estivo de aniversarios o pasado 13 de setembro.


Pasade por a biblio, hai un montón de libros de Roald Dalh moi interesantes...



- Podes saber máis cousas sobre él aquí, na nosa entrada do 13 de setembro, LEMBRAMOS A ROALD DAHL POLO SEU CENTERARIO.

lunes, 9 de enero de 2017

COMEZAMOS O NOSO CLUB DE LECTURA...


Queremos animarvos a pertencer ao noso Club de Lectura, é moi sinxelo, vir ata a biblio e preguntar... 
Éstes clubs son unha estupenda maneira de incitar e promover a lectura . Desta forma entrase en contacto coa literatura dunha forma máis distendida, coñecense autores e xéneros novos , desenvolvedes un espírito crítico, ademais de cultivar a imaxinación, socializar, falar en público, perfeccionar a expresión oral e escrita, ampliar vocabulario...e decir compartir nun espazo lecturas, liberdades, respecto, análise e logra promover o amor polos libros.
 
Todo isto acompañado dunhas riquísimas galletas que adoitamos ter.....
 
Ánimo esperámosvos!!!