viernes, 18 de septiembre de 2015

PREPARANDO O NOSO CLUB DE LECTURA !!!

Ilustración de Leandro Lamas

Pontiña, dávos a benvida ao noso Club de lectura...!!!
No novo curso escolar 2015-2016, O noso Club de Lectura, comeza a súa andaina asumindo un novo reto: conservar e ampliar o número de asistentes ao Club.
Prometémosvos sesións estupendas e animámosvos a vir e participar dunhas interesantísimas lecturas.
A participación está aberta a todos e todas, e para pertencer ao Club, non é necesario ser un gran lect@r, nin un entendid@ en literatura, simplemente gozar lendo e achegarse á nosa biblioteca para compartir esta afección.
Cando teñamos todo preparado, informarémosvos como podedes pertencer ao Club .
Ata pronto...!!!

viernes, 22 de mayo de 2015

5ª XUNTANZA CLUB DE LECTURA.


Hoxe venres, tivemos unha cita na biblioteca co noso club de lectura, ao redor do libro de Agustín Fernández Paz, "Lúa do Senegal".
A verdade, non foi un dos mais numerosos, quizais polo estupendo día que invitaba a ir ao patio, pero si foi un dos relatos mais bonitos .
A narración é exquisita e atrápate, facéndote gozar en cada frase. Ademais, vén acompañado dunhas marabillosas ilustracións.
Creemos que é un libro marabilloso para aprender a ser máis tolerantes e solidarios con nenos e nenas que sexan distintos a nós. Temos que ser conscientes do que outras persoas sufren.
O mellor: A dozura da protagonista.
O peor: Ao principio parece algo lento, pero deseguida cativa.

Gustaríanos rematar cunha frase da nena :
"Talvez, o único país que importe de verdade é o que acabamos construíndo coas persoas que queremos".

miércoles, 6 de mayo de 2015

5ª CITA, "LÚA DO SENEGAL".


"Agustín Fernández Paz (Vilalba, 1947) é un dos escritores máis coñecidos e valorados no ámbito da literatura infantil e xuvenil, en Galicia e no resto de España. É autor de máis de corenta e cinco títulos dirixidos preferentemente a lectores infantís ou xuvenís. Os seus libros, escritos en galego, tradúcense habitualmente ás outras linguas españolas: castelán, catalán e éuscaro. Tamén se traduciron diversos títulos ao coreano, portugués, francés, árabe e italiano. En breve aparecerán traducións ao inglés, bulgaro e chinés."

Paréceche poco...!!!
anímate!!!


Queres saber mais sobre Agustín Fernández Paz...? Pica Aquí

viernes, 24 de abril de 2015

23 DE ABRIL. XUNTANZA EXTRAORDINARIA.

O día 23 os rapaces e rapazas do club de lectura reuníronse na biblioteca para falar sobre cal, dos que leran últimamente,era o seu libro favorito, e por que o recomendaban.
Foi unha reunión moi entretida que amenizaron cunhas saborosas galletas.


Pasámolo xenial.



 
 
 

miércoles, 11 de marzo de 2015

3ª XUNTANZA CLUB LECTURA.

 
A lectura de "O Principiño" de Antoine de Saint-Exupéry, fixo reflexionar os nen@s sobre os tipos de libros, ou de lecturas, que teñen os libros, uns que nos entreteñen e outros que nos fan pensar.
Gustoulles moito a súa forma de tratar temas como o amor, a amizade, a civilización moderna e sobre todo defende a sabedoría dos nen@s.
E concluiron que cando sexan maiores o volverán ler para entendelo mellor.
Comentaron o satisfeitos que están de ler un clásico que tantos nenos e nenas han gozados o largo de tanto tempo.




 
Ata o próximo ...!!!

viernes, 27 de febrero de 2015

3ª CONVOCATORIA, "O PRINCIPIÑO"

 
- Si picas aquí AQUÍ poderás ir a nosa antiga entrada " "O Principiño" cumple 70 anos en 2013" 
- Biografía BIOGRÁFÍA de Antoine de Saint-Exupéry
- 10 ensinos de "O Principiño" en 10 frases.
- Para abrir boca...Audiovídeo de "O Principiño"

 
 
 

miércoles, 11 de febrero de 2015

2ª XUNTANZA CLUB LECTURA.



O pasado 6 de febreiro volvemonos xuntar arredor de "Prohibido Ler a Lewis Carroll" ,o libro, de Diego Arboleda, resultounos moi doado de ler, todas e todos coincidimos en que nos gustaba moito a historia, como nola conta o autor e, tamén, o humor ao longo de toda a historia.
Pasamos un anaco moi entretido e divertido!!!

 

 
Damos as grazas a Antón Santos Reza de 5º pola súa opinión sobre o libro
 
Estamos desexando ler o próximo!!!

viernes, 30 de enero de 2015

2ª CONVOCATORIA. "PROHIBIDO LEER A LEWIS CARROL"

Para esta segunda reunión, eliximos un interesante libro que, en outubro de 2014, recibiu o Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil .
 

SI PICAS AQUÍ, poderás ir á entrada que lle fixemos en outubro de 2014 por recibir ese importante premio.