viernes, 18 de septiembre de 2015

PREPARANDO O NOSO CLUB DE LECTURA !!!

Ilustración de Leandro Lamas

Pontiña, dávos a benvida ao noso Club de lectura...!!!
No novo curso escolar 2015-2016, O noso Club de Lectura, comeza a súa andaina asumindo un novo reto: conservar e ampliar o número de asistentes ao Club.
Prometémosvos sesións estupendas e animámosvos a vir e participar dunhas interesantísimas lecturas.
A participación está aberta a todos e todas, e para pertencer ao Club, non é necesario ser un gran lect@r, nin un entendid@ en literatura, simplemente gozar lendo e achegarse á nosa biblioteca para compartir esta afección.
Cando teñamos todo preparado, informarémosvos como podedes pertencer ao Club .
Ata pronto...!!!