jueves, 30 de marzo de 2023

SEGUNDA REUNIÓN DO CLUB DE LECTURA

Hoxe tivemos a segunda reunión do club de lectura. para comentar o libro "A señorita Bubble" de Ledicia Costas.

Con este libro pretendíamos concienciar aos nosos/as alumnos sobre temas como: a amizade, a diversidade, a lucidez dos nenos...

Comezamos a reunión informando aos nenos/as sobre a chamada tendencia Steampuk coa que Ledicia Costas caracterizou á Señorita Buble e todo o que a rodea.

Falamos dos personaxes do libro: Noa e Sofi, Vincent, Dona Ursula e Dona Paola e como non da Señorita Buble e as súas características.

Fumos lendo citas do libro para reflexionar e pensar sobre elas, e para o debate tiñamos unha serie de preguntas que contestamos entre todos.

Da charla/debate sairon ideas moi interesantes:

"O mais importante é o cerebro e o corazón"

"Non xuzgar polo exterior"

"Aprender a ver máis alá da aparenciencia"

"O odio inxustificado dun pobo a unha persoa que non coñecian"

"Non nos debe importar o que digan de nós"

O libro sorprendeunos e gustoulles moito e deu pé para que se interesasen por os outros dous libros da Señorita Buble.

Logo de compartir sobre o libro compartimos unha pequena merenda na biblioteca.

Fixemos un pequeno video coas súas opinións sobre o libro, e emplazámolos para outro día e propoñerlles unha actividade sobre este libro.

miércoles, 8 de marzo de 2023

SEGUNDA CONVOCATORIA DO CLUB DE LECTURA: QUE IMOS LER?

Hoxe tivemos unha pequena reunión do club para traballar na actividade do libro "Plan de rescate" e decidir entre todos que libro sería o próximo.

Limos un resumo de dous libros ( sin que eles soubesen o título): "As músicas viaxeiras" e "A Señorita Bubble".  Gañou por maioria  A Señorita Bubble, polo tanto esa será a nosa próxima lectura:



 


viernes, 3 de marzo de 2023

PRIMEIRA REUNIÓN CLUB DE LECTURA

 


 Hoxe tivemos a primeira reunión do club de lectura , para comentar o libro de "Plan de rescate" de Antía Yañez.

Comenzamos a reunión falando sobre o libro: as personaxes, as súas características, a historia, como esta contada, o tema, é que foi o mais ou menos nos gustará e que derán a súa opinion sobre o libro.

Da charla sobre o libro sairon ideas moi interesantes que fumos explicando e falando sobre elas:

"Todos contan: Noela, non se plantexa deixar atrás a Aldan, nin a quen lles cae mal..."

"Aldan ainda que non pronuncia palabras pode comunicarse"

"Todo o mundo ten as súas eivas"

"Prexuizos: un mangallon non podía saber xogar ó xadrez."

"Frustracción: non podía entrar en moitos sitios todavía..."

"Acoso"

Analizamos a idea: As discapacidades non existen, senon que moitas veces significa ter outras capacidades"

Sairon temas moi interesantes: Diversidade, compñarismo, diferenza.... unha serie de palabras coas que vamos facer un cartel para cando veña a escritora a visitarnos.

 O libro gustou moitisimo, tanto a historia como a forma de escribir.

Logo de falar sobre o libro compartimos unha pequena merenda na biblioteca.

Tamén os emplazamos a escribir outro día na biblioteca unha pequena reseña sobre o libro.