jueves, 30 de marzo de 2023

SEGUNDA REUNIÓN DO CLUB DE LECTURA

Hoxe tivemos a segunda reunión do club de lectura. para comentar o libro "A señorita Bubble" de Ledicia Costas.

Con este libro pretendíamos concienciar aos nosos/as alumnos sobre temas como: a amizade, a diversidade, a lucidez dos nenos...

Comezamos a reunión informando aos nenos/as sobre a chamada tendencia Steampuk coa que Ledicia Costas caracterizou á Señorita Buble e todo o que a rodea.

Falamos dos personaxes do libro: Noa e Sofi, Vincent, Dona Ursula e Dona Paola e como non da Señorita Buble e as súas características.

Fumos lendo citas do libro para reflexionar e pensar sobre elas, e para o debate tiñamos unha serie de preguntas que contestamos entre todos.

Da charla/debate sairon ideas moi interesantes:

"O mais importante é o cerebro e o corazón"

"Non xuzgar polo exterior"

"Aprender a ver máis alá da aparenciencia"

"O odio inxustificado dun pobo a unha persoa que non coñecian"

"Non nos debe importar o que digan de nós"

O libro sorprendeunos e gustoulles moito e deu pé para que se interesasen por os outros dous libros da Señorita Buble.

Logo de compartir sobre o libro compartimos unha pequena merenda na biblioteca.

Fixemos un pequeno video coas súas opinións sobre o libro, e emplazámolos para outro día e propoñerlles unha actividade sobre este libro.

No hay comentarios:

Publicar un comentario