jueves, 21 de junio de 2018

DERRADEIRA XUNTANZA DO CURSO: "LA LECCIÓN DE AUGUST"



Un libro 100% recomendable!!

Brillante novela que che encandea e róubache un anaquiño do corazón.
Esa foi a opinión xeral sobre o libro co que puxemos punto final, por este curso, ao noso Club de lectura.
Pareceulles que tiña unha narración amena e divertida, con algúns momentos que fan que se che poña a pel de galiña. Pero sobre todo sen perder ou sentido do humor, e iso é o que a fai tan especial.
Opinaron que era un libro para todas as idades, que en cada páxina mostrábasnos un novo ensino de vida, como: "Coñecer antes de xulgar" e sobre todo, "ser amables cos demais en calquera circunstancia".  Auggie ensínanos que debemos facer o que sempre é necesario na vida... Soportar e ser fortes.
O que máis lles gustou foi como ao longo do curso, August aprende unha lección que fará que a súa forma de ver a vida cambie por completo. Consegue andar coa cabeza ben alta, sorrir aínda que teña un mal día e aceptarse a si mesmo. Dá renda solta ao seu sentido do humor e con iso consegue que todos vos mozos do seu colexio acéptenlle tal e como é e cheguen a consideralo un amigo.

Unha historia excepcional!!!

viernes, 18 de mayo de 2018

CITA: "LA LECCIÓN DE AUGUST"

Creemos que este libro poñerá un broche final estupendo ao noso Club.



Aquí podedes, ler una pequeña información sobre a autora e sobre algúnhas dás súas outras obras.



viernes, 4 de mayo de 2018

2ª XUNTANZA. "JULES VERNE E A VIDA SECRETA DAS MULLERES PLANTA", LEDICIA COSTA.

Este venres 4 reunímonos no noso club de lectura para charlar sobre " Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta " un libro de  Ledicia Costa.
Como con outros libros que xa lemos de  Ledicia
Costa, puxémonos de acordo en que nos encantou, lémolo moi facilmente e con moita rapidez, a linguaxe pareceunos sinxelo pero moi coidado, é unha novela de aventuras, con misterio e tamén está chea de fantasía todo isto fai emocionante a lectura.
O noso personaxe preferido é Violeta, parécenos intelixente e  inconformista
.
Tamén nos gustou a forma como, a través da  historia réndese homenaxe á forza e valentía da muller.




TODO UN ÉXITO!!!

viernes, 23 de marzo de 2018

2ª CITA: "JULES VERNE E A VIDA SECRETA DAS MULLERES PLANTAS"


Con este cartel  propoñemos outro libro que sabemos vaivos agustar, "Jules Verne e a vida  secreta das mulleres plantas", dunha das nosas autoras máis leidas, Ledicia Costas.
- Deixámosvos aquí un adianto da historia PICA
- E si quereis saber algo da súa biografía AQUÍ



Aproveitar estes dias de descanso para ler este entretido libro.

domingo, 11 de febrero de 2018

1ª XUNTANZA "EL PEQUEÑO NICOLÁS"

Gozamos moito con este libro, @s rapac@s lles pareceu moi divertido. O que mais lles gustou foi o personaxe principal, Nicolás, un pícaro ao que lle é fácil facer amigos, todo o que quere inténtao facer. As suas travesuras xeniais, pero algunhas veces pareceulles un pouco maleducado.
Os momentos que máis lle gustaron foron..., cando lle deron as notas, cando se vai da casa, cando coñecer ao Caldo, a veciña tamen  lles pareceu un personaxe moi divertido, e moitos momentos máis.
Unha reunión moi entretida onde desfrutamos de estar todos xuntos e charlar sobre El Pequeño Nicolás.

viernes, 9 de febrero de 2018

1ª CITA "EL PEQUEÑO NICOLÁS", RENÉ GOSCINNY

Este será o noso primeiro libro. Que ganas tiñamos de empezar!!!Seguro de que vos vai a gustar moiiitiiisimo.

É o primeiro libro dunha longa serie que ten sempre a Nicolás como protagonista.

Os libros do pequeno Nicolás mostran o mundo desde a perspecitva dos nenos.
Narrados en primeira persoa por Nicolás, un neno de 7-8 anos proveniente dunha familia francesa de clase media dos anos 50, estes libros, que son un total de cinco, foron publicados entre 1969 e 1964 e foron escritos por René Goscinny, creador de personaxes como Astérix, Obélix e Lucky Luke.
Nicolás é un neno que intenta ser obediente coa mestra e os seus pais, pero ás veces as cousas complícanse  debido a travesuras que fai cos seus amigos do colexio Godofredo, Eudes, Alcestes, Rufo, Clotario e Agnan. Aínda que se lle dá mal a caligrafía e a aritmética, é o máis pequeno da súa clase e tende a ser travieso, isto non impide que lle movan valores como a amizade, o amor aos seus pais e un curioso sentido da xustiza