Este venres 4 reunímonos no noso club de lectura para charlar sobre " Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta " un libro de Ledicia Costa.
Como con outros libros que xa lemos de Ledicia Costa, puxémonos de acordo en que nos encantou, lémolo moi facilmente e con moita rapidez, a linguaxe pareceunos sinxelo pero moi coidado, é unha novela de aventuras, con misterio e tamén está chea de fantasía todo isto fai emocionante a lectura.
O noso personaxe preferido é Violeta, parécenos intelixente e inconformista.
Tamén nos gustou a forma como, a través da historia réndese homenaxe á forza e valentía da muller.

TODO UN ÉXITO!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario