viernes, 19 de diciembre de 2014

1ª XUNTANZA CLUB LECTURA.

 
Xa fixemos a primeira reunión do noso club de lectura os rapace e rapazas de 5º, "Charlie e a fábrica de chocolate", foi un éxito absoluto e estivo moi animada.
Falamos, sobre todo, de como unha decisión pode transformar radicalmente toda unha vida...
por suposto amenizámola cuns pasteis de chocolate...





A primeira reunión "A Fantástica medicina de Jorge", fixémola os rapaces e rapazas de 6º.
Encántounos este libro por a crítica feroz e desapiadada que fai da sociedade. Deixa moi claro o que quere dicir, non podemos equivocarnos, e fano sempre de xeito disparatado e divertido.



miércoles, 10 de diciembre de 2014

1ª CONVOCATORIA, CURSO 2014-2015. "CHARLIE E A FÁBRICA DE CHOCOLATE"

Fíxose esperar, pero xa chegou o momento da nosa primeira reunión para este curso...
 
Estabámola a desexar ...
 
Como somos moitos nenos e nenas, para esta primeira reunión, pensamos que a dividiremos en dous grupos, o primeiro lerá "Charlie e a Fábrica de Chocolate"  e o segundo "La maravillosa medicina de Jorge"


 
Se queres saber mais sobre o libro, a biografía do seu autor Roald Dahl, ver o tráiler da película, e unha galería de fotos sobre Charlie e a fábrica de chocolate PICA AQUÍirás ata a entrada que o pasado mes de abril, lle dedicamos.
 
 
Si che interesa, podes mirar esta guía de lectura sobre "La maravillosa medicina de Jorge" elaborada por editorial alfaguara PICA AQUÍ
 

viernes, 26 de septiembre de 2014

DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES. CLUB DE LECTURA DE FARSÍA DE SHAMARA

Disfruta de este interesante vídeo.
Reportaxe sobre o bubisher, feito en Shamara, polos nenos do club de lectura de Farsía.
 
 
 
"O bubisher é un pequeno paxaro do deserto, a sua chegada anuncia as boas noticias. Este paxaro, que soporta as altas temperaturas da Shamada, ten unha longa tradición oral no acervo do pobo saharaui.

O noso Bubisher, a rede de bibliotecas e bibliobuses que puxemos en marcha en 2008, vai cargado de libros que abren novos horizontes. O proxecto Bubisher diríxese á poboación dos campamentos de refuxiados saharauis (nos arredores de Tinduf-Argelia), situados na parte máis inhóspita do deserto do Sáhara.

Desde 1975, os saharauis defenderon o español como un trazo distintivo da súa identidade nacional, e é a súa segunda lingua oficial despois do hassanía.

O proxecto naceu do desexo e a necesidade de reforzar e recuperar o ensino do español e para iso centrámonos/centrámosnos nos seguintes obxectivos: levar libros aos nenos e a adultos, fomentar a lectura nas escolas, crear clubs de lectura, colaborar cos mestres nas escolas e formar monitores capaces de transmitir á poboación nova o desexo de aprender. Non descoidamos tampouco o apoio á formación en árabe grazas á colaboración da "Biblioteca Internacional de Suecia", entre outras entidades."
(Asociación Bubisher)

miércoles, 10 de septiembre de 2014

BENVIDOS E BENVIDAS AO NOVO CURSO!





Esperamos que sexa un curso cheo de novas lecturas e que aprendamos e gocemos moito.
Deica pouco, empezaremos coas actividades na nosa biblioteca, formación de axudantes, prestamos, mochilas viaxeiras, entrega de carnets, e... Empezarán as reunións do noso club .

Como sempre desexamos que o noso club se converta nun espazo onde compartir as nosas lecturas, as nosas valoracións e opinións cos demais,  unha comunicación fluída , nun clima de respeto e confianza .
Pasarémolo moi ben!!!
ANÍMATE!!!

viernes, 20 de junio de 2014

ATA O PRÓXIMO CURSO!!!

Os rapacer e rapazas de 6º
 
Acaba o curso, o noso club de lectura quere despedirse dende o noso blog cun ATA O PRÓXIMO CURSO!
Con estas reunións periódicas conseguimos crear un espazo único e moi noso, onde compartimos ideas, sentimentos..., e todo nun diálogo aberto, que permite manifestar dúbidas, saciar curiosidades e sobre todo coñecernos un pouquiño mellor, e pasar momentos moi agradables.
 E todo en torno a un libro (e a algunhas galletas, chuches...), Que marabilla!
Un recordo moi cariñoso para os mozos e mozas de 6º que deixan este club, pero que xa levan o "verme" da lectura dentro, e seguro que continuarán facendo da lectura unha das súas actividades favorita.
Tamén queremos animar a outros mozos e mozas a incorporarse ao noso club de lectura.
Co comezo do curso, tamén comezaremos as nosas reunións.
 
 

Ilustración de Mila Marquis
 

martes, 6 de mayo de 2014

5ª REUNIÓN CLUB DE LECTURA.

 
PREPARADOS... LISTOS... XA!

 Xa estamos preparando a seguinte reunión do noso Club de Lectura, esta vez leremos teatro, "O-Rei Artur e a abominable Dama", a autora deste libro é Marilar Jimenez Aleixandre, as ilustracións son de Andrea López Álvarez.

 O-Rei Artur, tras un enfrontamento cun cabaleiro máxico, ten que resolver un enigma para salvar a súa vida: Que é o que máis desexan as mulleres? Artur terá que pasar por insospeitadas situacións que o levarán a unha reconsideración do seu pensamento sobre o rol das mulleres na súa contorna e o de Xenebra, a súa raíña, en particular. Sir Galván será o seu compañeiro nesta aventura, onde as virtudes dos cabaleiros pasan máis polo corazón e o intelecto que pola espada.

 Esta obra de teatro, ábrese cunha breve caracterización dos personaxes e péchase cun apéndice, "Agardando a volta de Artur", no que se relatan os episodios máis relevantes da tradición narrativa artúrica.

Se che interesa a vida e obra de Marilar Aleixandre, PICA AQUÍ

 

viernes, 25 de abril de 2014

ABRIL. 4ª REUNIÓN. XUNTANZA EXTRAORDINARIA

Hoxe 25, durante o recreo, e dentro das actividades do mes de abril, que dedicamos moi especialmente aos libros, fixemos unha reunión extraordinaria do noso CLUB DE LECTURA, esta reunión dedicámola a ...  "O noso libro favorito"

Cada un de nós, presentou aos demais cal fora o seu libro favorito. Foi unha reunión moi entretida, e... cunhas riquísimas galletas, a reunión resultou un éxito!!!
 

viernes, 31 de enero de 2014

3ª REUNIÓN CLUB DE LECTURA

 
Esta 3ª reunión do Club foi, como sempre un éxito, pasámolo moiiiiii ben.
Xa estamos preparados para ler o próximo libro, que é... O LIBRO INVISIBLE

 
 
SINOPSIS DO LIBRO INVISIBLE

CÉSAR está moi enfadado co seu pai, ao que culpa de todos os seus problema. E é que o seu pai, que é escritor, ten a necesidade de cambiar de cidade cada vez que termina unha novela. Por iso, CÉSAR non ten amigos.

Pero as cousas complícanse cando chega ao seu novo colexio e a súa compañeira de pupitre, LUCÍA; identifícase como futura escritora.

Con todo, LUCÍA resulta ser de gran axuda e deféndelle dos seus inimigos. E CÉSAR ten que pagar a súa colaboración.

Entón, CÉSAR fai algo inesperado: ¡consegue as páxinas do libro que o seu pai está escribindo e leas con ela!

 A partir da primeira lectura, a cousas toman un rumbo inesperado e CÉSAR vivirá a máis incrible aventura da súa vida. E aprenderá cousas que non imaxinaba.
 
O LIBRO INVISIBLE é o comezo dunha trilogía que ten a súa continuación no LIBRO DE HANNA
e no LIBRO DE NEVALIA.
O seu autor é Santiago García-Clairac
Biografía i Bibliografía do autor.AQUÍ

 
 

lunes, 13 de enero de 2014

FOMENTO DA LECTURA

Esperamos que vos gusten estes vídeos sobre o fomento da lectura.

Campaña da Consellería de Educación da Xunta de Andalucía para o fomento da lectura prestigiando o labor do docente.
 
Campaña para fomentar a lectura realizada polo Ministerio de Educación, Cultura e Deporte