Esta vai ser por petición dos membros do Club a nosa seguinte lectura:
viernes, 12 de mayo de 2023
ESCRIBE O FINAL QUE CHE GUSTARÍA
Pedimoslles aos nenos/as que se convertesen en pequenos escritores e que escribisen outro final para este libro.
miércoles, 3 de mayo de 2023
TERCEIRA REUNIÓN DO CLUB DE LECTURA
Hoxe tivemos a terceira reunión do club de lectura para falar do libro "Palabras de Caramelo" de Gonzalo Moure.
Antes de comenzar a charla sobre o libro, limos a entrevista que ven ó final do libro ó autor. Nela queda reflexado o compromiso de Gonzalo Moure co pobo saharaui.
Tamén lle contamos que era en realidade Kori: unha fusión entre o primeiro neno que el coñece ao ir ó Sahar e Fatimetsu unha nena sorda que vive en Smara a quen lle esta dedicado este libro.
Con esta lectura pretendiamos concienciar aos nenos e nenas do club de valores como:
-O respeto a diferencia.
-O valor da amizade-
-A superación das limitacións.
-Aceptar as nosas realidades.
-E coñecer outras culturas.
Falamos na charla sobre o libro sobre os personaxes: Kori, Caramelo, Fatimetsu, o tío.. Sobre as súas realidades e a súa cultura.
A todos e todas lles gustou moito o libro pero coincidiron en que lles pareceu moi triste.
Por iso lles propuxemos unha tarea: ESCRIBIR O FINAL QUE LLE HOUBESE GUSTADO.