Para moitos "La Pirámide Roja", de Rick Riordan, é considerada o comezo dunha das mellores sagas de fantasía e aventura dos últimos anos.
Para nós resultou unha novela un pouco densa e para moitos dificil de acabar de ler.
Como sempre a cada un chamáronnos a atención cosas distintas do libro como son, o humor ou a cantidade de acción ao longo de toda a historia. O que nos gustou a todos é que os lectores e os protagonistas iamos formulando hipóteses do que estaba ocorrendo, ata o final no que todo encaixa.
Poida que algún nos animemos a ler os seguintes da trilogía, o que si nos parece é recomendable aos lectores que lles gusten as historias de fantasía e aventura.
Estamos a desexar coñecer a próxima historia...
No hay comentarios:
Publicar un comentario