viernes, 1 de abril de 2016

2ª XUNTANZA CLUB LECTURA CON "EL HOBBIT"

Este venres dia 1, á hora do recreo, reunímonos no noso club de lectura.
Esta vez, atrasámonos un pouco...! Pero xa estamos xuntos!
A todos nos gustou moito ler "El Hobbit" de Tolkien, pareceunos moi interesante.
Para algúns de nós é un dos libros de aventuras máis intrigantes que  lemos, temos que lembrar que ten case un século e séguenos asombrando.
O máis dificil? ...estar atentos, e non perdenos,  nas descricións.
O máis divertido? ...as discusións entre os Trolls.
O máis terrorífico? ... o xogo de adiviñas de Golum.
O mellor?... A mensaxe que nos deixa a novela de tolerancia.


Que ben o pasamos!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario