jueves, 1 de diciembre de 2022

PREPARANDO O NOSO CLUB DE LECTURA



No novo curso escolar 2022-2023, o noso Club de Lectura, comeza de novo a súa andaina, despois de tres cursos sen funcionar por mor da pandememia, asumindo o reto de  conservar e ampliar o número de asistentes ao Club.
Prometémosvos sesións estupendas e animámosvos a vir e participar dunhas interesantísimas lecturas.
A participación está aberta a todos e todas, e para pertencer ao Club, non é necesario ser un gran lect@r, nin un entendid@ en literatura, simplemente gozar lendo e achegarse á nosa biblioteca para compartir esta afección.
Cando teñamos todo preparado, informarémosvos como podedes pertencer ao Club .

Ata pronto...!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario