viernes, 7 de marzo de 2025

A predicción de Aloia e Irene a Porteira: Reunión

 

Hoxe volvémonos a xuntar os dous clubs para analizar e comentar os libros que lemos e conmemorar xuntos o Día da Muller.

Falamos entre tod@s das ideas que nos aportan estes dous libros:

-Da importancia de escoller o noso propio destino independientemente de ser home ou muller.

-Ser muller ou home nunca debe ser un impedimento para ser o que queiramos ser.

-Lembramos os logros acadados polas mulleres , buscando a iguladade de dereitos, oportunidades e libertades. 

Como actividade complementaria ao cometario de ambos libros  xogamos a un xogo de mesa: We can play.

Un xogo de cartas co que coñecimos historias de mulleres que cambiaron o mundo. Coas cartas que nos ian tocando tiñamos que formar unha linea temporal  con grandes personaxes femeninos.

Tamen aproveitamos para poñer en marcha o obradoiro deste mes da biblio: Decorar o chaveiro co simbolo feminista feito na impresora 3D.


 

No hay comentarios:

Publicar un comentario