viernes, 13 de junio de 2025

Que cabe nun calcetín?: Reunión


 Hoxe foi a última reunion do club do lectura e xirou ao redor da obra de teatro que estamos a ler.

A obra gustoulles a todos moito, a pesar de ser un xenero ao que non estan afeitos,

Entre todos buscamos o que pode caber nun calcetín, e chegamos a CONCLUSIÓN de que colle todo o que poidamos imaxinar.

E esto é o que queríamos conseguir que o seu maxin voase libremente e fosen creativos:

Un calcetín pode ser un espazo para gardar tanto cousas que se poden tocar  como ideas e emocións...

E coa ultima merenda do curso fixemos un balance das lecturas feitas e valorar a súa participación no club de lectura ao longo do curso. 

Tamén tocou despedir aos compañeiros de 6º que este ano marchan ao instituto e desexámoslles boas lecturas o curso próximo. 


 

No hay comentarios:

Publicar un comentario