A biblioteca propuxo a seguinte actividade para celebrar o Día da Poesía:
E o club de lectura uniuse a actividade.Para agasallar aos nenos aos que iamos ler poesía diseñamos na impresora 3D unha pluma como simbolo deste día.
A biblioteca propuxo a seguinte actividade para celebrar o Día da Poesía:
E o club de lectura uniuse a actividade.Para agasallar aos nenos aos que iamos ler poesía diseñamos na impresora 3D unha pluma como simbolo deste día.
Hoxe para conmemorar o Día da Poesía reunímonos para coñecer ao autor de "Os soños na gaiola", Manuel María, e xuntos ler poesía.
Escollemos este libro e este autor por varios motivos:
-Trátase dunha poesía accesible para o alumnado.
-E este autor é unha figura importantena historia de Galicia sendo un referente da cultura galega e da defensa do noso idioma.
Fixemos un recital de poesía ente nós e escolleu cada un a poesía que ía ler nas contadas de poesía que se van a levar a cabo na semana próxima e nas que van a participar os membros do club.
Nova lectura para ámbolos dous clubs de lectura en torno ao Día da Poesía: Os soños na Gaiola de Manuel María
Quedamos con todos os membros dos CLubs e entregamoslles o libro e o diario de lectura.
Hoxe volvémonos a xuntar os dous clubs para analizar e comentar os libros que lemos e conmemorar xuntos o Día da Muller.
Falamos entre tod@s das ideas que nos aportan estes dous libros:
-Da importancia de escoller o noso propio destino independientemente de ser home ou muller.
-Ser muller ou home nunca debe ser un impedimento para ser o que queiramos ser.
-Lembramos os logros acadados polas mulleres , buscando a iguladade de dereitos, oportunidades e libertades.
Como actividade complementaria ao cometario de ambos libros xogamos a un xogo de mesa: We can play.
Un xogo de cartas co que coñecimos historias de mulleres que cambiaron o mundo. Coas cartas que nos ian tocando tiñamos que formar unha linea temporal con grandes personaxes femeninos.
Tamen aproveitamos para poñer en marcha o obradoiro deste mes da biblio: Decorar o chaveiro co simbolo feminista feito na impresora 3D.