Hoxe foi a última reunion do club do lectura e xirou ao redor da obra de teatro que estamos a ler.
A obra gustoulles a todos moito, a pesar de ser un xenero ao que non estan afeitos,
Entre todos buscamos o que pode caber nun calcetín, e chegamos a CONCLUSIÓN de que colle todo o que poidamos imaxinar.
E esto é o que queríamos conseguir que o seu maxin voase libremente e fosen creativos:
Un calcetín pode ser un espazo para gardar tanto cousas que se poden tocar como ideas e emocións...
E coa ultima merenda do curso fixemos un balance das lecturas feitas e valorar a súa participación no club de lectura ao longo do curso.
Tamén tocou despedir aos compañeiros de 6º que este ano marchan ao instituto e desexámoslles boas lecturas o curso próximo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario