Hoxe vamos a coñecer un pouco mais a autora do libro e a súa obra:
Tamén nesta reunión fixemos lectura en voz alta de varios textos do libro, e emplazamos ao membros do club a seguinte reunión sobre Neko.
Hoxe vamos a coñecer un pouco mais a autora do libro e a súa obra:
Tamén nesta reunión fixemos lectura en voz alta de varios textos do libro, e emplazamos ao membros do club a seguinte reunión sobre Neko.
Hoxe reunímonos na biblioteca para entregar o primeiro libro que imos ler este ano no Club de Lectura.
Coincidindo coas actividades levadas a cabo en torno o 25 de Novembro decidimos que o noso primeiro libro ía ser:
Fixemos entrega do material do club: unha carpeta e unha libreta onde pegar as fichas do libro.
Como agasallo entregamos un marcapaxinas
Hoxe mandamos as cartas de noraboa as familias do alumnado do club de lectura e emplazamos ao alumnos a 1º Reunión do club o 1 de decembro onde falaremos da nosa 1º lectura.
Se queres formar parte do Club de Lectura Pontiña ven o xoves día 9 de Novembro a biblioteca, onde vos informaremos sobre: que é un club de lectura, en que consisten as reunións e vos daremos a ficha de inscripción que deberedes entregar no recreo da biblioteca na semana do 13- 20 de Novembro
Prometémosvos sesións estupendas con xogos e tertulias moi interesantes.
Animámosvos a vir e participar. Pronto teredes noticias!!!!
Cando fixemos a actividade QUE IMOS LER? os membros do club elexiron ler por maioría o libro de Ledicia Costas, pero tamén houbo nenos/as que se quedaron coas ganas de lelo, e ainda que será unha das porximas lecturas do club, pensamos que o podíamos ofertar como lectura de verán de xeito opcional.
Hoxe celebramos a cuarta reunión do club de lectura para fala do libro de Antía Yañez: "O Misterio de Portomarín".
Os nenos/as estaban moi ilusionados con esta lectura pois xurdiu durante o encontro que tiveramos coa autora.
Durante a charla que mantivemos os membros do club, falamos das relacións entre os irmáns e dos prexuizos que temos cara determinadas persoas. Analizamos os distintos personaxes e coñecemos un pouco mais da historia de Portomarin.
Cumpre dicir que un dos membros do club, a raíz desta lectura fixo unha visita a Portomarin.
Como esta era a úlima reunión do club de lectura aproeitamos para facer unhas chapas coa portada do libro e do club de lectura.
Pedimoslles aos nenos/as que se convertesen en pequenos escritores e que escribisen outro final para este libro.
Hoxe tivemos a terceira reunión do club de lectura para falar do libro "Palabras de Caramelo" de Gonzalo Moure.
Antes de comenzar a charla sobre o libro, limos a entrevista que ven ó final do libro ó autor. Nela queda reflexado o compromiso de Gonzalo Moure co pobo saharaui.
Tamén lle contamos que era en realidade Kori: unha fusión entre o primeiro neno que el coñece ao ir ó Sahar e Fatimetsu unha nena sorda que vive en Smara a quen lle esta dedicado este libro.
Con esta lectura pretendiamos concienciar aos nenos e nenas do club de valores como:
-O respeto a diferencia.
-O valor da amizade-
-A superación das limitacións.
-Aceptar as nosas realidades.
-E coñecer outras culturas.
Falamos na charla sobre o libro sobre os personaxes: Kori, Caramelo, Fatimetsu, o tío.. Sobre as súas realidades e a súa cultura.
A todos e todas lles gustou moito o libro pero coincidiron en que lles pareceu moi triste.
Por iso lles propuxemos unha tarea: ESCRIBIR O FINAL QUE LLE HOUBESE GUSTADO.
Tivemos a sorte de contar para o club de lectura con Antía Yañez que nos veu falar do nos primeiro libro do club de lectura deste ano "Plan de rescate"
Resolveunos dubidas sobre as personaxes do libro e a historia, pasamos un rato moi agradable coa súa charla.
O cartel que adornaba a biblioteca fixémolo a partir das reseñas e da charla que xurdiu na reunión do club de lectura
Como estamos na semana do libro fixamos unha reunión extraordinaria do Club de Lectura
A actividade consistía en preguntarlles ós seus pais que libros eran os seus preferidos, e falar do libro que estaban a ler nese momento. fixemos un pequeno vídeo onde recollimos os seus comentarios.
Propuxemoslles aos integrantes do club de lectura que reparasen na portada do libro, feita por Andrés Meixide.
E preguntámoslles se serían capaces de reproducila.
Hoxe tivemos a segunda reunión do club de lectura. para comentar o libro "A señorita Bubble" de Ledicia Costas.
Con este libro pretendíamos concienciar aos nosos/as alumnos sobre temas como: a amizade, a diversidade, a lucidez dos nenos...
Comezamos a reunión informando aos nenos/as sobre a chamada tendencia Steampuk coa que Ledicia Costas caracterizou á Señorita Buble e todo o que a rodea.
Falamos dos personaxes do libro: Noa e Sofi, Vincent, Dona Ursula e Dona Paola e como non da Señorita Buble e as súas características.
Fumos lendo citas do libro para reflexionar e pensar sobre elas, e para o debate tiñamos unha serie de preguntas que contestamos entre todos.
Da charla/debate sairon ideas moi interesantes:
"O mais importante é o cerebro e o corazón"
"Non xuzgar polo exterior"
"Aprender a ver máis alá da aparenciencia"
"O odio inxustificado dun pobo a unha persoa que non coñecian"
"Non nos debe importar o que digan de nós"
O libro sorprendeunos e gustoulles moito e deu pé para que se interesasen por os outros dous libros da Señorita Buble.
Logo de compartir sobre o libro compartimos unha pequena merenda na biblioteca.
Fixemos un pequeno video coas súas opinións sobre o libro, e emplazámolos para outro día e propoñerlles unha actividade sobre este libro.
Hoxe tivemos unha pequena reunión do club para traballar na actividade do libro "Plan de rescate" e decidir entre todos que libro sería o próximo.
Limos un resumo de dous libros ( sin que eles soubesen o título): "As músicas viaxeiras" e "A Señorita Bubble". Gañou por maioria A Señorita Bubble, polo tanto esa será a nosa próxima lectura:
Hoxe tivemos a primeira reunión do club de lectura , para comentar o libro de "Plan de rescate" de Antía Yañez.
Comenzamos a reunión falando sobre o libro: as personaxes, as súas características, a historia, como esta contada, o tema, é que foi o mais ou menos nos gustará e que derán a súa opinion sobre o libro.
Da charla sobre o libro sairon ideas moi interesantes que fumos explicando e falando sobre elas:
"Todos contan: Noela, non se plantexa deixar atrás a Aldan, nin a quen lles cae mal..."
"Aldan ainda que non pronuncia palabras pode comunicarse"
"Todo o mundo ten as súas eivas"
"Prexuizos: un mangallon non podía saber xogar ó xadrez."
"Frustracción: non podía entrar en moitos sitios todavía..."
"Acoso"
Analizamos a idea: As discapacidades non existen, senon que moitas veces significa ter outras capacidades"
Sairon temas moi interesantes: Diversidade, compñarismo, diferenza.... unha serie de palabras coas que vamos facer un cartel para cando veña a escritora a visitarnos.
O libro gustou moitisimo, tanto a historia como a forma de escribir.
Logo de falar sobre o libro compartimos unha pequena merenda na biblioteca.
Tamén os emplazamos a escribir outro día na biblioteca unha pequena reseña sobre o libro.
Hoxe reunímonos na biblioteca os membros do club de lectura para falar da primeira lectura do club deste curso:
Tamén fixemos entrega do material do club, unha carpeta e unha libreta onde ir facendo as súas anotacións sobre as lecturas.
Para cada reunión entregaremos unha ficha do libro que imos ler para que a peguen na súa libreta:
Hoxe mandamos as cartas de Noraboa as familias dos novos membros do club de lectura e emplazamosvos a unha reunión o 3 de Febreiro onde vos falaremos da nosa 1º Lectura e sorpresa.....