viernes, 22 de marzo de 2024

As músicas viaxeiras:Coñecendo ao autor

 Xuntamonos para coñecer un pouco mais ao autor do libro que estamos a ler. Ver como vamos coa lectura proposta para hoxe, comentar e analizar as dúas primeiras protagonistas do libro.

O autor:



Limos tamén esta noticia do Faro de Vigo para saber que nos conta Ramón Caride do seu libro:

https://www.farodevigo.es/faroeduca/2021/09/28/ramon-caride-as-historias-princesas-57761030.html 



lunes, 11 de marzo de 2024

Nova lectura: As músicas viaxeiras

 Hoxe reunímonos cos membros do club de lectura para facer entrega do próximo libro que imos ler e as fichas de lectura.



Como actividade para a próxima reunión temos que ler as dúas primeiras historias das mulleres que aparecen no libro..

 

BOAS LECTURAS!!!!

viernes, 8 de marzo de 2024

Irene a porteira: Reunión

 

Fixemos coincidir o dia de hoxe 8 de Marzo o "Día da Muller" coa posta en comun do libro que estabamos a ler.

Recordamoslle e falamos entre todas e todos:

-Da importancia de ser o queiramos ser.

-Ser muller ou home nunca deber ser un impedimento para ser o que queiramos.

-Lembramos os logros acadado polas mulleres, buscando a igualdade de dereitos oportunidades e libertades.

Como Actividade complementaria ao comentario do libro, xogamos a un xogo de mesa: We can play

Un xogo de cartas co que coñecimos historias de mulleres que cambiaron o mundo. Coas cartas que nos ian tocando, tiñamos que formar unha línea temporal con grandes personaxes femeninos.