viernes, 26 de enero de 2024

Irene a porteira

Hoxe xuntamonos na biblioteca para presentar a nova lectura do club , entregar os libros e as fichas de lectura.

Nesta ocasión decidimos ler a historia "Irene, a porteira" de Xulia Pisón e Óscar Losada, en formato cómic.




viernes, 12 de enero de 2024

Neko: Reunión


 Hoxe realizamos unha gran posta en común en torno a unha merenda  de "Neko" de Eva Mejuto.

Comezamos a reunión falando sobre o libro:

-Analizamos as personaxes principais do libro, a importancia que teñen nesta historia.

-Afondamos un pouco máis na historia en si: as consecuencia da  violencia de xénero, a importancia de recoñecer estas situacións e de encontrar a persoa axeitada con quen falar .

-A importancia da familia, da amizade e da empatia.

Logo de falar do libro fixemos unha pequena actividade: Slogan contra a violencia de Xénero