
Hoxe volvémonos a xuntar os dous clubs para analizar e comentar os libros que lemos e conmemorar xuntos o Día da Muller.
Falamos entre tod@s das ideas que nos aportan estes dous libros:
-Da importancia de escoller o noso propio destino independientemente de ser home ou muller.
-Ser muller ou home nunca debe ser un impedimento para ser o que queiramos ser.
-Lembramos os logros acadados polas mulleres , buscando a iguladade de dereitos, oportunidades e libertades.
Como actividade complementaria ao cometario de ambos libros xogamos a un xogo de mesa: We can play.
Un xogo de cartas co que coñecimos historias de mulleres que cambiaron o mundo. Coas cartas que nos ian tocando tiñamos que formar unha linea temporal con grandes personaxes femeninos.
Tamen aproveitamos para poñer en marcha o obradoiro deste mes da biblio: Decorar o chaveiro co simbolo feminista feito na impresora 3D.
No hay comentarios:
Publicar un comentario