Hoxe tivemos a reunion do club de lectura 2 para comentar o libro de "Plan de rescate" de Antia Yañez.
Na reunión falamos sobre o libro: as personaxes, a súas características, a historia, o tema que aborda e que foi o que máis e que menos nos gustou.
Analizamos a idea clave : "As discapacidades non existen, senon que moitas veces significan outras capacidades" referindonos o feito de que calquera persoa pode desenvolverse na vida e que non ten sentido que mnospreciemos a ninguen por non ser coma nós.
Xurdiron ideas que fomos explicando e falando sobre elas:
-"Facer das nosas circunstancias unha virude".
-"Xente normalizada"
-"Acoso".
Durante o faladoiro que se creou entorno o libro fixemos unha pequena merenda.
Como actividade complementaria ao libro, propuxemos escribir unha pequena reseña sobre o libro.
No hay comentarios:
Publicar un comentario