viernes, 5 de abril de 2024

As músicas viaxeiras: Reunión

 

Hoxe reunímonos en torno a unha pequena merenda para falar do libro que limos, da historia destas catro mulleres músicas, que por diversas razóns, tiveron que deixar o seu fogar  para perseguir os seus sonos e a súa liberdade.  

Tamén falamos de gupos de mulleres actuais que canten en galego e se atrevan a romper barreiras. 

Para rematar a reunión xogamos a un xogo de mesa: IKONIKUS é un xogo de cartas, onde temos qe expresar coas cartas que nos tocan  sentimentos.

O que fixemos foi adaptar a dinámica do xogo a este libro: repartimos 5 cartas a cada nena e neno e tiñan que responder  con esas carta a: Como me sentiría se:

-Na miña familia me dicen que me teño que casar cun descoñecido.

-Son a unica muller de tres irmáns e non teño dereito a herdanza por ser muller..

- Se a miña familia non acepta que sexa quen quero ser..

-Se estivese a sufrir situación de abandono...

Cada un coas suas cartas tiña que explicar que sentiria ou como reaccionaría



Como non queríamos que durante a lectura se perdesen ideas que ían xurdindo preparamos unhas fichas donde resumir o libro e ter todo organizado para non perder nada e comentalo logo entre todos os lectores.


 


Escoitamos e vimos o seguinte vídeo:



No hay comentarios:

Publicar un comentario