Durante o terceiro trimestre os membros dos dous clubs de lectura, estiveron a coser o seu agasallo de fin de curso que foi unha funda personalizada para gardar os seus libros.
Deixámosvos a continuación unha pequena mostra:
Durante o terceiro trimestre os membros dos dous clubs de lectura, estiveron a coser o seu agasallo de fin de curso que foi unha funda personalizada para gardar os seus libros.
Deixámosvos a continuación unha pequena mostra:
A obra gustoulles a todos moito, a pesar de ser un xenero ao que non estan afeitos,
Entre todos buscamos o que pode caber nun calcetín, e chegamos a CONCLUSIÓN de que colle todo o que poidamos imaxinar.
E esto é o que queríamos conseguir que o seu maxin voase libremente e fosen creativos:
Un calcetín pode ser un espazo para gardar tanto cousas que se poden tocar como ideas e emocións...
E coa ultima merenda do curso fixemos un balance das lecturas feitas e valorar a súa participación no club de lectura ao longo do curso.
Tamén tocou despedir aos compañeiros de 6º que este ano marchan ao instituto e desexámoslles boas lecturas o curso próximo.
Hoxe reunímonos na biblioteca para coñecer a autora do libro que estamos a ler: Paula Carballeira
Tamén nos fomos familiarizando cos diferentes personaxes da obra.
E como non repartimos personaxes e dramatizamos as primeiras escenas da obra.
Non podíamos rematar o curso sen ler teatro, e logo de pensar moito en que obra por, decidimonos por esta da autora homenaxeada este ano nos clubs de lectura: Que cabe nun calcetín?
-A loita do ben contra o mal.
-Loitar xuntos para vencer o mal.
-A importancia de coidar o medio que nos rodea.
Aproveitamos para compartir unha pequena merenda e para facer un PASAPALABRA para refrescar fragmentos e ideas do libro.
Hoxe reunimonos analizar o libro, uscando entre todos os temas que se tratan. Para eles un dos temas principais era a Familia e a Amizade.
Tamén reflexionamos e analizamos diferentes frases que sacamos do libro.
Durante a merenda que acompañou a reunión fixemos un PASAPALABRA para refrescar fragmentos e feitos do libro.
Hoxe acercamonos un pouco a obra de Alba de Evan a autora de Varetai Protectora de Espíritos.
Tamén lles ensinamos os distintos libros cos que contamos na biblioteca desta autora, e empezamos a mergullarnos nos capítulos do libro que tiñamos marcados para esta reunión.
Hoxe reunimonos para presentarlles a autora deste libro: Ledicia Costas
-Súa orixinalidade a hora de escribir.
-Crea historias que conectarn co alumnado máis xoven.
-Enlaza de maneira excepcional o real e o fantástico.
-E sobre todo por ser unha gran autora galega, que conseguiu varios premios coas súas obras entre elas a que estamos a ler.
Durante a reunión tamén lemos en voz alta algúns dos capítulos que tiñamos para hoxe.
Nova lectura: Varetai Protectora de Espíritos, para o Club de Lectura 2
Nova lectura no Club de Lectura 1: Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta.
Hoxe quedamos na biblioteca para repartir os libros e o diario de lectura.
Este libro combina aventura, misterio, elementos fantásticos e a súa historia transcurre na cidade de Vigo. Con el queremos acercalos a figura de Jules Verne e a súa obra.
Visionamos o seguinte booktrailer
A biblioteca propuxo a seguinte actividade para celebrar o Día da Poesía:
E o club de lectura uniuse a actividade.Para agasallar aos nenos aos que iamos ler poesía diseñamos na impresora 3D unha pluma como simbolo deste día.
Hoxe para conmemorar o Día da Poesía reunímonos para coñecer ao autor de "Os soños na gaiola", Manuel María, e xuntos ler poesía.
Escollemos este libro e este autor por varios motivos:
-Trátase dunha poesía accesible para o alumnado.
-E este autor é unha figura importantena historia de Galicia sendo un referente da cultura galega e da defensa do noso idioma.
Fixemos un recital de poesía ente nós e escolleu cada un a poesía que ía ler nas contadas de poesía que se van a levar a cabo na semana próxima e nas que van a participar os membros do club.
Nova lectura para ámbolos dous clubs de lectura en torno ao Día da Poesía: Os soños na Gaiola de Manuel María
Quedamos con todos os membros dos CLubs e entregamoslles o libro e o diario de lectura.
Hoxe volvémonos a xuntar os dous clubs para analizar e comentar os libros que lemos e conmemorar xuntos o Día da Muller.
Falamos entre tod@s das ideas que nos aportan estes dous libros:
-Da importancia de escoller o noso propio destino independientemente de ser home ou muller.
-Ser muller ou home nunca debe ser un impedimento para ser o que queiramos ser.
-Lembramos os logros acadados polas mulleres , buscando a iguladade de dereitos, oportunidades e libertades.
Como actividade complementaria ao cometario de ambos libros xogamos a un xogo de mesa: We can play.
Un xogo de cartas co que coñecimos historias de mulleres que cambiaron o mundo. Coas cartas que nos ian tocando tiñamos que formar unha linea temporal con grandes personaxes femeninos.
Tamen aproveitamos para poñer en marcha o obradoiro deste mes da biblio: Decorar o chaveiro co simbolo feminista feito na impresora 3D.
Hoxe tivemos unha reunión conxunta para coñecer aos autores do libro que estan a ler os participantes dos clubs de lectura deste ano.
Por unha banda coñecemos a Xulia Pison e Óscar Losada e tamén a David Lorenzo.
Hoxe reunimonos para entregarlles aos membros do Club de Lectura 1 a súa proxima lectura.
Esta vez será en formato cómic e relacionada co Día da Muller que celebraremos proximamente: "A predicción de Aloia" de David Lorenzo. Tratase dun personaxe feminino que decide o seu destino
Hoxe reunimonos para analizar e comentar o libro de Andrea García "Animais Fantásticos".
Comezamos plantexándolles e preguntandolles sobre os temas que eles crían que se trataban neste libro. Para eles no libro falase sobre todo do respeto aos animais, pois non só nos serven como alimento.
Pero analizando o libro tamén xurdiu a idea de que a colaboración entre os nenos fixo que se resolvera o misterio, polo que falamos da idea de que traballando xuntos e en equipo podemos resolver os problemas que nos xurdan.
Durante a merenda propuxemoslles que elaborasen un menú vexetariano para unha festa gastronómica.
Xoxe xuntamonos na bibloteca para presentar a terceira lectura do CLub de lectura 2, entregar os libros e o diario de lectura.
Nesta ocasión imos ler un libro en formato cómic que tivo moito éxito no ano anterior no club de lectura: Irene a Porteira de Xulia Pisón e Óscar Losada.
Hoxe xuntamonos para analizar e comentar o libro que estivemos a ler durante estos días no Club de Lectura 2.
Preguntámoslle cal das historias lle gustaran máis e a maioría coicidiu no "Mécanico das estrelas", e como frase que máis lles impactou foi a de "non estades sos" .
Durante a merenda que compartimos fixemos un quizz aproveitando que son alumnos e-dixgal e dispoñen de ordenadores.
Na reunión de hoxe acercamonos a autora do libro que estamos a ler: Andrea García.
Hoxe acercamos aos nosos lectores a autora do libro que estan a ler: Maria Canosa.
Para todos era unha autora coñecida, porque o curso pasado xa tiveran o placer de coñecela por o libro de "Rubicundo"
Esta vai ser a próxima lectura do Club de Lectura 1. Aproveitamos a reunión de hoxe para repartir os libros e entregar o diario de lectura.