viernes, 30 de mayo de 2025

Que cabe nun calcetín?

 Non podíamos rematar o curso sen ler teatro, e logo de pensar moito en que obra por, decidimonos por esta da autora homenaxeada este ano nos clubs de lectura: Que cabe nun calcetín?


 
Esta ultima lectura é conxunta para os dous clubs de lectura. Así que xuntos leremos  esta obra de teatro.

 

viernes, 23 de mayo de 2025

Varetai Protectora de Espíritos: Reunión

 



Hoxe reunimonos para falar do libro "Varetai Protectora de Espíritos". Desta conversa saíron ideas moi interesantes: 

-A loita do ben contra o mal.

-Loitar xuntos para vencer o mal.

-A importancia de coidar o medio que nos rodea.

Aproveitamos para compartir unha pequena merenda e para facer un PASAPALABRA para refrescar fragmentos e ideas do libro.


 

martes, 20 de mayo de 2025

Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta: Reunión

 

Hoxe reunimonos analizar o libro, uscando entre todos os  temas que se tratan. Para eles un dos temas principais era a Familia e a Amizade.

Tamén reflexionamos e analizamos diferentes frases que sacamos do libro.

Durante a merenda que acompañou a reunión fixemos un PASAPALABRA para refrescar fragmentos e feitos do libro.

 


viernes, 9 de mayo de 2025

Varetai Protectora de Espíritos: Coñecendo a autora

 Hoxe acercamonos un pouco a obra de Alba de Evan a autora de Varetai Protectora de Espíritos.


Tamén lles ensinamos os distintos libros cos que contamos na biblioteca desta autora, e empezamos a mergullarnos nos capítulos do libro que tiñamos marcados para esta reunión.