viernes, 25 de abril de 2025

Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta: Coñecendo a autora

 Hoxe reunimonos para presentarlles a autora deste libro: Ledicia Costas


 
Escollemos a esta autora pola:

-Súa orixinalidade a hora de escribir.

-Crea historias que conectarn co alumnado máis xoven.

-Enlaza de maneira excepcional o real e o fantástico.

-E sobre todo por ser unha gran autora galega, que conseguiu varios premios coas súas obras entre elas a que estamos a ler.

Durante a reunión tamén lemos en voz alta algúns dos capítulos que tiñamos para hoxe. 

viernes, 11 de abril de 2025

Varetai Protectora de Espíritos

Nova lectura: Varetai Protectora de Espíritos, para  o Club de Lectura 2


 
Unha vez entregados os libros, quedamos cos nenos e nenas para a seguinte reunión, onde coñeceran un pouco máis a autora do libro. 

viernes, 4 de abril de 2025

Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta

 Nova lectura no Club de Lectura 1: Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta. 

Hoxe quedamos na biblioteca para repartir os libros e o diario de lectura.


 

Este libro combina aventura, misterio, elementos fantásticos e a súa historia transcurre na cidade de Vigo. Con el queremos acercalos a figura de Jules Verne e a súa obra.

Visionamos o seguinte booktrailer