viernes, 20 de diciembre de 2024

Amigos Robots

 Hoxe reunimonos os membros do club de lectura 1 para presentar a nova lecuta do Club, entregar os libros e os diarios de lectura.

O libro que imos ler é: Amigos Robots de Isaac Asimov.


 

viernes, 13 de diciembre de 2024

Plan de Rescate: Reunión

 

Hoxe tivemos a reunion do club de lectura 2 para comentar o libro de "Plan de rescate" de Antia Yañez.

Na reunión falamos sobre o libro: as personaxes, a súas características, a historia, o tema que aborda e que foi o que máis e que menos nos gustou.

Analizamos a idea clave : "As discapacidades non existen, senon que moitas veces significan outras capacidades" referindonos o feito de que calquera persoa pode desenvolverse na vida e que non ten sentido que mnospreciemos a ninguen por non ser coma nós.

Xurdiron ideas que fomos explicando e falando sobre elas:

-"Facer das nosas circunstancias unha virude".

-"Xente normalizada"

-"Acoso".

Durante o faladoiro que se creou entorno o libro fixemos unha pequena merenda.

Como actividade complementaria ao libro, propuxemos escribir unha pequena reseña sobre o libro.


 

jueves, 5 de diciembre de 2024

Plan de rescate coñecendo a autora

Nesta reunión coñecemos un pouco máis a autora do libro e a súa obra:


 

Tamén fixemos lectura en voz alta de varios capítulos do libro, e emplazamos aos membros do club de lectura a seguinte reunión

 

miércoles, 4 de diciembre de 2024

Neno Can: reunión


 

Hoxe reunímonos para comentar o libro de O Neno Can de Fina Casalderrey.


Escollemos este libro, para conmemorar O día dos Dereitos dos nenos.

Nesta reunión analizamos as historias do libro os seus personaxes e o can que os acompaña, que pola súa descripción semella ser sempre o mesmo.

Cada historia relacionámola co dereito do neno que se esta a vulnerar. Todos destacaron que eran historias moi duras e serviu para reflexionar e afondar na idea de que ainda a día de hoxe existen países nos que os nenos estan privados de dereitos moi basicos.

Coa merenda que compartimos estivemos vendo  seguinte corto:

viernes, 29 de noviembre de 2024

Neno Can, coñecendo a autora: Fina Casalderry

 A reunión de hoxe do club de lectura 1 foi para coñecer e acercalos á vida e a obra da autora do libro que estamos a ler: Fina Casalderrey.

Falamos da autora e presentamolles  os libros que temos na biblioteca desta autora.


 


sábado, 23 de noviembre de 2024

1º Reunión Club de lectura Pontiña 2

 Hoxe tivemos a 1º reunion do Club de lectura Pontiña 1 para entregar o  primeiro libro que imos ler este ano.

Fixemos entrega tamén do material do club: unha carpeta e unha libreta onde anotar e pegar os diarios de lectura dos libros.

Tamén mandamos a carta ás familias para que saiban que os seus fillos/as pertencen ao club de lectura.


 

 Como era unha lectura sorpresa non lle dimos a ficha do diario de lectura,

BOAS LECTURAS!!

sábado, 16 de noviembre de 2024

1º Reunion do Club de lectura Pontiña 1

 Hoxe tivemos a 1º reunion do Club de lectura Pontiña 1 para entregar o  primeiro libro que imos ler este ano.

Eleximos este libro pola proximidade desta data que comeza o club e o dia 20 de Novembro o Día interancional dos dereitos da Infancia e Adolescencia


 Tamén fixemos entrega do material do club: Carpeta e libreta para pegar as fichas de lectrua dos libros. Como agasallo dentro do libro ía un marcapaxinas.


 Como o libro era sorpresa no entregamos a ficha de lectura.

 

miércoles, 13 de noviembre de 2024

Xa estamos en marcha

Como este curso apuntaronse moitos nenos/as ao club de lectura vémonos na obriga de facer dous grupos:

Club de Lectura Pontiña 1 co alumnado do curso pasado e novos membros.

Club de Lectura Pontiña 2 co alumnado de 5º novo..

Xa temos os grupos preparados e aquí vos deixamos as vosas citas.... 



lunes, 4 de noviembre de 2024

Queredes saber que é un club de lectura?

 


Se queres formar parte do Club de Lectura Pontiña ven o xoves día 7 de novembro a biblioteca, onde vos informaremos sobre: que é un club de lectura, en que consisten as reunións e vos daremos a ficha de inscripción que deberedes entregar no recreo da biblioteca o martes 12 de novembro

viernes, 1 de noviembre de 2024

Comezamos de novo

 Un ano máis estamos de volta co Club de Lectura. Este ano, como xa sabedes houbo moitos cambios, e temos unha biblioteca nova, no antigo salón de actos.

Ata que estivo todo ordeado non saíu a convocatoria do club, pero ahora que xa esta o lugar acondicionado, aquí estamos e por iso preguntamos aos alumnos/as de 5º se queren pertencer ao club de Lectura


 

domingo, 23 de junio de 2024

Detalles para os nosos membros do club de lectura

 Para que neste verán poidadess levar convós as  vosas lecturas



viernes, 14 de junio de 2024

Wombo Combo Reunion

 

Hoxe foi a última xuntanza por este ano, e comentamos o libro de Wombo Combo:

-A soidade que sente unha nena

-A vida só dentro dos videoxogos.

-Os problemas que traen as pantallas

Queríamos que fosen conscientes da problematica que hoxe en día existe polas horas que pasamos diante das pantallas, dos videoxogos, que fai que nos esquezamos de que a verdadeira vida esta fóra e que temos que enfrontarnos aos problemas e non escondernos e pedir axuda se é necesario.

Como actividade desta ultima reunión escollimos o seguinte xogo de mesa: Ping pong literario que é un xogo para falar de libros e literatura e compartir experiencias.


viernes, 31 de mayo de 2024

Wombo Combo

 Non queríamos rematar este curso sen acercar aos membros do club de lectura a outro xenero literario. Neste caso o teatro, por iso e por o tema que trata  decidimos ler:


Hoxe entregamos os libros aos membros do club de lectura, que son un prestamo da biblioteca do CEIP Virxe da Pena da Sela, e as fichas de lectura.



viernes, 24 de mayo de 2024

A nena do vestido de flores: Reunión

 Hoxe reunimonos para comentar o libro que estamos a ler. 

Con este libro tratamos de concienciar sobre a diversidade que exsite no noso mundo e tamén no colexio.

Nesta xuntanza, falamos:

-Das características das persoas con TEA

-Das dificultades as que se enfrentan.

-Do bulling

E como vai vir o autor preparamos as preguntas que lle ímos facer sobre o libro.

Tamén estivemos refrescando a comprensión do libros cunhas preguntas sobre o mesmo.



jueves, 16 de mayo de 2024

A nena do vestido de flores: coñecendo ao autor

 



E vimos este video para coñecer un pouco mais as caracteristicas da nosa protagonista.

https://x.com/RTVEGalicia/status/1362421111779188739

Como estet autor vainos vir visitar a nós e aos nosos compañeiros de 6º, estivemos pensando nas preguntas que lle iamos facer sobre o libro.

martes, 7 de mayo de 2024

A nena do vestido de flores

 Nova lectura para o Club. Nesta ocasión decidimos ler un libro dun autor da nosa provincia: Manuel Fontemoura e que trata das vivencias das nenas e os nenos con Transtorno do Espectro Autista


Repartimos os libros e as fichas de lectura



viernes, 3 de mayo de 2024

Mamá quero ser Ziggy Stardust: Reunión

 Hoxe celebramos a segunda reunión sobre o libro de Iria Misa "Mama quero ser Ziggy Stardust", novela finalista do Premio Agustín Fernández Paz de Narrativa Infantil e Xuvenil pola Igualdade.

 


 


Durante a reunión comentamos o libro e os valores que se sacan da súa lectura:

-O respecto a diferenza: debemos respetar ao que Non é igual a nós.

-Aceptar os demáis tal cual son, non podemos cambialos nin se teñen que adpatar ao que nós queiramos.

Durante a merenda que acompañou a reunión fixemos un PASAPALABRA, para refrescar fragmentos e feitos do libro.

 

viernes, 19 de abril de 2024

Mamá quero ser...: Coñecendo a autora e a figura de David Bowie

 Hoxe descubrimos a Iría Misa a autora do libro que estamos a ler


Visionamos tamén un video de Iria Misa recomendándonos ler este libro:

 

Descubrimos tamén a figura de David Bowie e o seu personaxe Stardust.

viernes, 12 de abril de 2024

Mama quero ser Ziggy Stardust

 Xa temos nova lectura para o noso club. Hoxe entregamos os libros e as fichas de lectura as nenas e nenos.




viernes, 5 de abril de 2024

As músicas viaxeiras: Reunión

 

Hoxe reunímonos en torno a unha pequena merenda para falar do libro que limos, da historia destas catro mulleres músicas, que por diversas razóns, tiveron que deixar o seu fogar  para perseguir os seus sonos e a súa liberdade.  

Tamén falamos de gupos de mulleres actuais que canten en galego e se atrevan a romper barreiras. 

Para rematar a reunión xogamos a un xogo de mesa: IKONIKUS é un xogo de cartas, onde temos qe expresar coas cartas que nos tocan  sentimentos.

O que fixemos foi adaptar a dinámica do xogo a este libro: repartimos 5 cartas a cada nena e neno e tiñan que responder  con esas carta a: Como me sentiría se:

-Na miña familia me dicen que me teño que casar cun descoñecido.

-Son a unica muller de tres irmáns e non teño dereito a herdanza por ser muller..

- Se a miña familia non acepta que sexa quen quero ser..

-Se estivese a sufrir situación de abandono...

Cada un coas suas cartas tiña que explicar que sentiria ou como reaccionaría



Como non queríamos que durante a lectura se perdesen ideas que ían xurdindo preparamos unhas fichas donde resumir o libro e ter todo organizado para non perder nada e comentalo logo entre todos os lectores.


 


Escoitamos e vimos o seguinte vídeo:



viernes, 22 de marzo de 2024

As músicas viaxeiras:Coñecendo ao autor

 Xuntamonos para coñecer un pouco mais ao autor do libro que estamos a ler. Ver como vamos coa lectura proposta para hoxe, comentar e analizar as dúas primeiras protagonistas do libro.

O autor:



Limos tamén esta noticia do Faro de Vigo para saber que nos conta Ramón Caride do seu libro:

https://www.farodevigo.es/faroeduca/2021/09/28/ramon-caride-as-historias-princesas-57761030.html 



lunes, 11 de marzo de 2024

Nova lectura: As músicas viaxeiras

 Hoxe reunímonos cos membros do club de lectura para facer entrega do próximo libro que imos ler e as fichas de lectura.



Como actividade para a próxima reunión temos que ler as dúas primeiras historias das mulleres que aparecen no libro..

 

BOAS LECTURAS!!!!

viernes, 8 de marzo de 2024

Irene a porteira: Reunión

 

Fixemos coincidir o dia de hoxe 8 de Marzo o "Día da Muller" coa posta en comun do libro que estabamos a ler.

Recordamoslle e falamos entre todas e todos:

-Da importancia de ser o queiramos ser.

-Ser muller ou home nunca deber ser un impedimento para ser o que queiramos.

-Lembramos os logros acadado polas mulleres, buscando a igualdade de dereitos oportunidades e libertades.

Como Actividade complementaria ao comentario do libro, xogamos a un xogo de mesa: We can play

Un xogo de cartas co que coñecimos historias de mulleres que cambiaron o mundo. Coas cartas que nos ian tocando, tiñamos que formar unha línea temporal con grandes personaxes femeninos.


 



viernes, 16 de febrero de 2024

Irene a porteira: coñecendo aos autores e visionado de vídeos

 Hoxe vamos coñecer un pouco máis ao autor e a ilustradora da historia  que estamos a ler. E ver uns vídeos que nos contan a historia de Irene González a primeira porteira de fútbol.